Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Tecnólog@ por un día - 7ª Edición | Gaiástech

Tecnólog@ por un día - 7ª Edición

tecnologo
  • Os docentes de secundaria e bacharelato poderán realizar as inscrición do alumna-do interesado ata o 2 de novembro
  • As visitas inmersivas nas empresas tecnolóxicas que colaboran coa iniciativa terán lugar durante novembro e decembro
  • Un ano máis esta iniciativa facilita o contacto de alumnado coas profesións científi-co-tecnolóxicas da man de expertos e profesionais de grandes empresas do sector TIC de Galicia.
  • Esta actuación forma parte do catálogo de actividades do Plan DigiTalent dirixidas á previstas para o último trimestre de período 2021/2022

Obxectivos: 


Ofrecer aos rapaces e rapazas unha oportunidade única de achegarse ás profesións dixitais da man de grandes empresas do sector TIC en Galicia e mellorar a visión que os máis novos teñen das profesións científico-tecnolóxicas, ao tempo que se impulsan as actividades STEAM entre o alumnado.

En qué consiste: 


Tecnólog@ por un día é unha actividade na que estudantes de 12 a 17 anos poderán achegarse ás profesións dixitais e ter a oportunidade de experimentar, en primeira persoa, unha xornada laboral con profesionais das empresas do sector TIC en Galicia.

A séptima edición volverá a celebrarse presencialmente, con prazas dirixidas a dous grupos de idade: de 12 a 14 e de 15 a 17 anos.

SOLICITUDE DE INSCRICIÓN (Do 13 de outubro ao 2 de novembro de 2022)
Cada centro educativo, a través do persoal docente, inscribirá aos alumnos/as interesados, que deberán contar coa autorización dos pais/nais/titores legais. 
O alumnado entregará no centro educativo a solicitude de autorización debidamente cuberta e asinada que o docente deberá subir ao cumprimentar o formulario de inscrición.
O formulario de inscrición recollerá a listaxe de prazas dispoñibles, segundo as distintas modalidades ofertadas polas empresas colaboradoras, ás que o alumnado poderá optar segundo a súa preferencia (ata un máximo de 3).

ASIGNACIÓN DE PRAZAS 
As prazas asignaranse aplicando o resultado dun sorteo público que se celebrará a primeira semana de novembro no Edificio CINC da Cidade da Cultura. A partir do 7 de novembro, os docentes recibirán no enderezo electrónico sinalado no formulario de inscrición unha comunicación co resultado do sorteo e os pasos a seguir.

DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE (Do 9 de novembro ao 9 de decembro de 2022)
As empresas poñeranse en contacto cos/coas participantes para concretar a data e o horario da xornada e comunicarán ao alumnado e aos docentes as instrucións e outra información de interese para o desenvolvemento da xornada: lugar de celebración, axenda da sesión, autorización para a captación de imaxes...

DOCUMENTACIÓN DE INTERESE

Baixo esta ficha, atópanse dispoñibles para descarga os manuais do docente, o alumno e o profesional, nos que se poden consultar en detalle as instrucións,  aspectos chave e consellos prácticos para o desenvolvemento do programa.

Ademais, ponse a disposición o modelo de autorización que o alumnado debe entregar no centro educativo cuberto e asinado polos pais/nais/titores legais.

Arquivos:

PDF icon Listaxe de empresas colaboradoras na VII edición do Programa Tecnólog@ por un día

PDF icon Autorización de participación

PDF icon Manual do/da docente

PDF icon Manual do alumnado

PDF icon Manual do/da profesional

Fuente: DigiTalent