Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

A toponimia e as TIC centran en setembro unha xornada estatal no Gaiás | Gaiástech

A toponimia e as TIC centran en setembro unha xornada estatal no Gaiás

cartel-xornada-cenx

O próximo 21 de setembro celebrarase na Cidade da Cultura de Galicia a VI Xornada da Comisión Especializada de Nomes Xeográficos, co título Os nomes xeográficos e o mundo dixital. A Xornada está organizada pola Comisión Especializada de Nombres Xeográficos e o Instituto Geográfico Nacional, en colaboración coa Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Política Lingüística) e a Real Academia Galega.

Segundo explican as entidades responsábeis do encontro, os nomes xeográficos son o reflexo do proceso de humanización e caracterización do territorio, así como da evolución da paisaxe ao longo da historia. E engaden: “Os topónimos son o sangue vital da cartografía, pois describen unhas categorías físicas e culturais a múltiples escalas, e forman unha parte fundamental do noso patrimonio cultural inmaterial, polo que é necesario conservalos, normalizalos e difundilos usando as TIC co obxectivo de proxectalos cara ao futuro”.

A organización do evento porá o foco nos recursos dixitais adaptados aos novos retos da sociedade actual que nos permiten fomentar o uso da toponimia normalizada e aproveitala para a investigación en diversas disciplinas ou para a xestión do territorio.

Fuente: Código Cero