Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Volve "Navega con Rumbo" grazas á renovación da colaboración da Xunta de Galicia e o CPEIG | Gaiástech

Volve "Navega con Rumbo" grazas á renovación da colaboración da Xunta de Galicia e o CPEIG

Navega con rumbo
  • A iniciativa "Navega con rumbo" chegará a 240 centros de ensino este curso
  • O obxetivo é guiar aos rapaces cara unha navegación segura, tratando de evitar que sexan vítimas de condutas como o ciberacoso ou outros riscos da rede

A Xunta, a través do conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, e o presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, asinarou onte o convenio de colaboración para desenvolver neste curso o programa Navega con rumbo en 240 centros educativos de toda a Comunidade. Trátase da undécima edición desta iniciativa incluída entre as accións da Estratexia de Educación Dixital 2030.

O programa está encamiñado, por unha banda, ao alumnado de 5º e 6º de Primaria, 1º de ESO e 1º de FP Básica, para guialos cara unha navegación segura, tratando de evitar que sexan vítimas de condutas como o ciberacoso ou outros riscos da rede. Por outra banda, faise partícipe a profesorado e familias das recomendacións que eles poden aprender de xeito que tamén sexan transmisores para o alumnado.

Ao abeiro do mesmo, especialistas do Colexio de Enxeñaría Informática levarán a cabo xornadas divulgativas dunha hora de duración nos colexios e institutos. Ademais, desenvolverá unha nova web asociada ao proxecto na que se porá a disposición información de interese para a comunidade educativa.

Desde que se puxo en marcha, a través do Navega con rumbo leváronse a cabo máis de 2.000 accións formativas.