XA ESTÁ EN MARCHA EN SANTIAGO A 6ª EDICIÓN DO HACKATHON “BIG DATA & ANALYTICS” ORGANIZADO POR DXC, IDIS E AMTEGA | Gaiástech

XA ESTÁ EN MARCHA EN SANTIAGO A 6ª EDICIÓN DO HACKATHON “BIG DATA & ANALYTICS” ORGANIZADO POR DXC, IDIS E AMTEGA

hackaton
  • A iniciativa forma parte das actividades que o Centro de Excelencia en Intelixencia de Negocio de DXC Technology realiza en colaboración coa Amtega dentro do Plan de Promoción do Talento Dixital de Galicia

Os vindeiros 22 e 23 de abril celebrarase no Centro GaiásTech o VI Hackathon Big Data & Analytics, un evento organizado polo Centro de Excelencia en Intelixencia de Negocio ( CEIN) de DXC Technology coa colaboración do Instituto de Investigación Sanitaria IDIS e a Amtega, dentro das iniciativas do Plan Digitalent para promover as vocacións tecnolóxicas.  
O Hackathon do CEIN reúne equipos integrados por analistas, universitarios, emprendedores e todo tipo de persoas con inquietudes nos ámbitos de Intelixencia Artificial, Big Data e Analytics que compiten para elaborar a mellor solución tecnolóxica ao reto que se expón. 

Nesta edición, que se celebrará no espazo de DigiTalent na Cidade da Cultura de Galicia, o desafío virará ao redor da elaboración de modelos preditivos sobre o impacto na saúde de factores ambientais con obxectivos como realizar recomendacións sobre a idoneidade de realizar actividades no exterior ou predicir a demanda asistencial no ámbito sanitario.

As propostas desenvolveranse en grupos multidisciplinares de traballo integrados por un mínimo de 3 persoas a un máximo de 5, contando co asesoramento técnico de profesionais de  DXC.

Nesta edición repártense 2.000€ en premios.

Ademais dos que se entregan ao finalizar o  Hackathon, nesta edición haberá un premio especial ao equipo que faga a mellor predición como resposta ao reto exposto para un momento futuro que se especificará. O venres 4 de maio, avaliarase o grao de axuste das predicións ás medicións reais e determinarase o gañador.

Os premios serán outorgados por un xurado composto por membros do equipo organizador ( DXC) e o  IDIS, buscando atopar un equilibrio entre o sector técnico e outros sectores afíns á finalidade da convocatoria.

Toda a información atópase publicada na web:  https://hackathonbigdata.com/