A Xunta de Galicia organiza, xunto co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, o VII concurso literario infantil e xuvenil sobre a protección de datos

- O concurso, organizado pola Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), vai dirixido ao alumnado de 5º e 6º de Primaria e de 1º a 4º de ESO co obxectivo de concienciar á sociedade galega na cultura da protección de datos, especialmente aos menores de idade.
- Os participantes poderán presentar diversos xéneros literarios: artigo xornalístico, exposición divulgativa, conto ou relato curto, que respondan a preguntas como: “Que é para ti a protección de datos, Como afecta no teu día a día?, Como podo protexer os meus datos?" ata o 28 de febreiro as 15:00h.
Con motivo do Día Europeo da Protección de Datos, conmemorado o pasado 28 de xaneiro, a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidadeso e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), convocan o VII Concurso literario infantil e xuvenil sobre a protección de datos.
O certame está dirixido ao alumnado de 5º e 6º de Primaria e de 1º a 4º de ESO, quenes poderán presentar diversos xéneros literarios como, un artigo xornalístico, exposición divulgativa (entrada de blogue ou artigo de divulgación), conto ou relato curto. Todos deberán estar escritos en lingua galega e responder a preguntas como: “Que é para ti a protección de datos, como afecta no teu día a día?, como podo protexer os meus datos?”.
O obxectivo deste concurso é concienciar a sociedade galega na necesidade de incorporarse á cultura da protección de datos, especialmente nos menores de idade.
Os traballos deberán presentarse en formato dixital en PDF, cunha extensión de entre 1.000 e 2.000 palabras para as categorías de 1º e 2º de ESO e 3º e 4º de ESO, e de entre 800 e 1.000 palabras para a categoría de 5º e 6º de Primaria. Cada concursante poderá presentar ao certame cantos traballos desexe.
Os textos de referencia serán o Protocolo de Protección de Datos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e as publicacións da Axencia Española de Protección de Datos.
Haberá un premio para a categoría de 5º e 6º de primaria, outro para a categoría de 1º e 2º de ESO e outro para a categoría 3º e 4º de ESO, que consiste nunha tableta para o autor ou autora e un kit de robótica para a súa aula. Ademais, aquel centro que conte con maior participación recibirá un recoñecemento especial da organización.
O prazo para a presentación dos traballos estará aberto ata as 15:00 horas do 28 de febreiro, e o fallo do xurado, composto por membros nomeados polas entidades convocantes, darase a coñecer no mes de marzo.
Pódense consultar as bases da convocatoria: aqui