Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

A Xunta “exporta” a outras comunidades autónomas o seu sistema informático para a xestión das axudas da Política Agraria Común | Gaiástech

A Xunta “exporta” a outras comunidades autónomas o seu sistema informático para a xestión das axudas da Política Agraria Común

GENERICA WWW
  • O código desenvolvido pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia é usado xa en Madrid e Baleares o foi compartido con outras catro Comunidades Autónomas
  • A construción do sistema informático iniciouse en 2015, no marco da nova PAC, da man do Fondo Galego de Garantía Agraria e con financiamento europeo
  • Na actualidade xestiona en Galicia o pago anual de máis de 340 millóns de euros a máis de 28.000 beneficiarios
  • A aplicación web permite as tramitación de pagos das xudas con cargo ao Fondo Agrícola de Garantía Agraria (FEAGA) e o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER)

O sistema de información de xestión contable de fondos europeos agrarios (SICOP), desenvolvido pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia en colaboración co Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA) da Consellería do Medio Rural, estase a converter no modelo de referencia en toda España, que é usado xa en comunidades autónomas como Madrid ou Baleares.

O código foi compartido con outras catro autonomías, no marco dun acordo co Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA), que permitirá tamén a xestión de instrumentos para a súa evolución común.

O sistema, que facilita a xestión dos fondos en Galicia derivados da administración da Política Agraria Común, conta cunha aplicación web orientada para a tramitación de pagos das axudas con cargo aos fondos agrícolas Fondo Europeo Agrícola de Garantía Agraria (FEAGA) e Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER).

SICOP naceu no 2015 como resposta á necesidade de integrar na xestión do pago ás subvencións da PAC de Galicia, ata ese momento distribuídas en distintas ferramentas informáticas, reorganizando a súa funcionalidade e con maiores prestacións para os usuarios. Dende entón, a colaboración entre o FOGGA e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia fixo que a ferramenta fora crecendo para satisfacer as necesidades de xestión contable destes fondos, aliñándose en todo momento coa lexislación comunitaria.

O sistema dispón en Galicia de máis de 500 usuarios de numerosos departamentos administrativos (todos os que teñen delegada a xestión destes fondos europeos); e permite o pago de axudas a mais de 28.000 beneficiarios (titulares de explotacións agrogandeiras), o que supuxo máis de 215.000 pagos, cun importe total superior aos 341 millóns de euros no último exercicio contable pechado (2022).

Fuente: Amtega