OpenVAS | Gaiástech

OpenVAS

openvas

OpenVAS é unha solución de ciberseguridade que axuda na avaliación de vulnerabilidades de sistemas informáticos.

OpenVAS (Open Vulnerability Assessment System) tal e como o nome indica é un software que axuda na avaliación de vulnerabilidades dun sistema informático, trátase do compoñente principal da solución de software libre Greenbone Security Assistant desenvolvida pola empresa Greenbone Networks, que tamén ten outras solucións non libres baseadas en OpenVAS, seguindo o modelo open-core.

Con OpenVAS poden lanzarse diversos tipos de probas sobre distintos obxectivos dunha forma manual ou programada, configurando periodicidades. Estas probas analizan todas as vulnerabilidades descubertas recibindo actualizacións das mesmas diariamente.

A solución libre completa integra os seguintes compoñentes:

  • OpenVAS scanner - O compoñente que fai os test e escaneos de vulnerabilidades.
  • Greenbone Vulnerability Management (GVM) - Peza intermediaria entre OpenVAS e a interface web que xestiona a configuración e os resultados do escaneos.
  • Greenbone Security Assistant (GSA) – A interface web escrita en React mediante a cal se poden xestionar, programar e visualizar os informes de vulnerabilidades.

Máis información en https://openvas.org/