Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Asociación Boirense de Empresas | Gaiástech

Main info

Asociación Boirense de Empresas

Asociación multisectorial de Boiro que impulsa empresas, comercio e economía local.

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) naceu en 1988, impulsada por un grupo de empresarios que apostaron pola unión como motor de desenvolvemento. Hoxe é unha entidade multisectorial que representa a máis de 200 empresas de Boiro e da súa contorna.

En 2005 creouse o Centro Comercial Aberto de Boiro, recoñecido con tres Premios Nacionais de Comercio, un fito que puxo a ABE no mapa do asociacionismo comercial en España.

As súas funcións principais céntranse na defensa dos intereses empresariais, a dinamización económica e social e a prestación de servizos especializados, como a tramitación de subvencións, cun éxito superior ao 90% no último ano.

A nivel de promoción, destacan iniciativas xa consolidadas como o encontro Fálame Sempre, as Noites Abertas ou os Premios ABE, que cada ano reúnen a máis de 150 empresarios e convidad@s. En 2025 sobresae a campaña extraordinaria “Compras con Corazón”, recoñecida pola Xunta como unha das cinco mellores de Galicia, cun acto final que congregou a máis de 400 asistentes.

Tamén cómpre salientar o noso sistema de fidelización comercial, pioneiro en Galicia, que xa reúne máis de 5.000 usuarios rexistrados e no que se validan cada ano máis de 40.000 tickets de compra, consolidándose como un referente en innovación e apoio ao comercio local.

Main info company wrapper
Liñas de actividades
Defensa e representación empresarial
Servizos especializados ás empresas
Dinamización económica e social
Promoción e visibilidade
Innovación e fidelización comercial
Produtos
-
Servizos
-
Tecnoloxias
Web
Capacidades
-
Actualidade
-