Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

TicRest | Gaiástech

TicRest

Produto
TicRest é unha aplicación móbil deseñada para que os restaurantes poidan fidelizar aos seus clientes cunha breve enquisa de satisfacción. Dita enquisa, permitirá coñecer a opinión real do cliente e así poder deseñar ofertas a medida que incentiven a súa volta ao local.

Grazas ao seu sistema de creación de enquisas breves, é posible coñecer a opinión real do cliente, cales son os seus intereses e, desta maneira, aumentar o seu retorno ao restaurante mediante ofertas adaptadas ao que busca.

Ao mesmo tempo que o cliente enche a enquisa, irase creando automaticamente unha base de datos de clientes, que poderás utilizar máis adiante para promocións, o cal xerará informes de calidade moi visuais para o negocio, facilitando a toma de decisións máis rápido e baixo o respaldo de datos reais.

Ademais, ao crear unha base de datos cos emails da clientela e, con iso, poder lanzar as ofertas personalizadas, aumentan as posibilidades de que o cliente volva ao restaurante acompañado.
Sectores ao que vai dirixido
Outro
Categoría
Outros
Está este produto implementado de forma escalable, en capas ou como microservizos, cunha API pública documentada, de forma que poda ser integrado con outros no proceso de transformación dixital das PEMEs?
non, é un produto autocontido
É software libre?
Non