Áreas de traballo

O ámbito de actuación deste nodo inclúe a prestación de servizos de ciberseguridade a distintos axentes no ámbito de Galicia (cidadanía, sector público autonómico, concellos, PEMES, etc.) así como o fomento do talento e a coordinación da I+D+i en ciberseguridade que se realice en Galicia.
Ciberseguridade para a Sociedade
Nunha contorna cada vez máis dixitalizado é importante que as persoas se comprometan coa seguridade. Os usuarios están cada vez máis preocupados pola seguridade, pero aínda é necesario mellorar a concienciación e a formación básica para evitar a exposición aos riscos derivados do uso do ciberespazo e saber actuar ante os ataques cada vez máis frecuentes e de maior impacto.
Ciberseguridade para a Empresa
As empresas requiren mellorar as súas capacidades dixitais para acceder a un mercado máis amplo, incrementando así a súa competitividade. Paralelo a este desenvolvemento requírese incrementar tamén as súas capacidades no campo da ciberseguridade para protexer os seus activos e garantir tamén a seguridade dos seus clientes e dos servizos que ofrecen.
Ciberseguridade para a Administración Pública
As administracións galegas, tanto autonómicas como locais teñen entre as súas prioridades garantir a seguridade nas súas actividades e infraestruturas para o que desenvolven actividades para a formación dos empregados públicos e investimentos para a mellora e actualización constantes dos seus sistemas que permita prestar os seus servizos de maneira segura para a cidadanía.
Fomento do talento
A falta de persoal cualificado neste sector é un problema a nivel internacional, e por tanto, tamén a nivel rexional, motivo polo que nos últimos anos desde Galicia está a facerse un esforzo importante en mellorar a formación e concienciación de empresas e sociedade no ámbito da seguridade. CIBER. gal apoia a potenciación do talento a través de iniciativas e programas de participación cos axentes do sector.
Fomento da innovación
A innovación desempeña un papel fundamental no desenvolvemento das rexións e por tanto da economía sendo un factor relevante para manter a competitividade no mercado mundial. En Galicia a innovación tecnolóxica e en concreto no ámbito da ciberseguridade é crítica para reforzar as capacidades da súa hipersector TIC.