Ciberseguridade para a sociedade
Os usuarios están cada vez máis preocupados pola seguridade pero aínda é necesario mellorar a concienciación e a formación básica para evitar a exposición aos riscos derivados do uso do ciberespazo e saber actuar ante os ataques cada vez máis frecuentes e de maior impacto.
A Amtega, a través do Observatorio da Sociedade da Información, avalía a seguridade e confianza dixital nos fogares galegos e o coñecemento da sociedade no eido da ciberseguridade, a través da análise de diversos factores como a percepción da seguridade e da confianza na rede e a investigación dos incidentes de seguridade, o uso de ferramentas ou software de seguridade entre outros.
Segundo o estudo A ciberseguirdade e a confianza dixital nos fogares galegos: O 90% cre que sería recomedable dispoñer de maior información sobre seguridade na internet
Entre as iniciativas promovidas para a sociedade destacan as seguintes:
Concienciación e divulgación en colaboración coa CRTVG
No ano 2021 realizarase unha campaña de concienciación en materia de ciberseguridade en colaboración coa Corporación Radio e Televisión de Galicia (co obxectivo de divulgar as boas prácticas de ciberseguridade e protección de datos persoais, especialmente dirixida ao sector da cidadanía. A campaña consistirá na emisión de pezas audiovisuais de curta duración nas diferentes canles televisivas, radiofónicos e dixitais da CRTVG.
Algunhas recomendacións de ciberseguridade