Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Encontro CIBER.gal | Gaiástech

Encontro CIBER.gal

Encontro Ciber.Gal
No marco das iniciativas do Nodo Galego de Ciberseguridade CIBER.gal, nace no ano 2021 o encontro galego de ciberseguridade, o Encontro CIBER.gal, a xuntanza de referencia en Galicia no eido da ciberseguridade.

Esta iniciativa é posible grazas á aposta da Xunta de Galicia, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), que como entidade propulsora e fundadora do nodo, promove e organiza anualmente esta xuntanza que aglutina a toda a sociedade de Galicia.

Contribúen ao seu éxito o Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia, como entidade co-organizadora do Encontro, e os axentes vinculados ao ecosistema galego de ciberseguridade que participan nas actividades que se celebran. Tamén apoian a súa celebración entidades non pertencentes ao Nodo CIBER.gal que están plenamente concienciadas coa importancia da ciberseguridade nesta nova era dixital.

Dende o alumnado e os educadores dos centros educativos galegos, ás familias en xeral, ata os profesionais do tecido empresarial e as administracións públicas galegas teñen unha cita no Encontro CIBER.gal.

Edición 2022. Consulta a programación

 

banner_II_encontro

 

Edicións anteriores:

Galería:

a