Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Fomento da Innovación | Gaiástech

Fomento da Innovación

Ciberseguridade
A innovación desempeña un papel fundamental no desenvolvemento das rexións e por tanto da economía sendo un factor relevante para manter a competitividade no mercado mundial.

En Galicia a innovación tecnolóxica e en concreto no ámbito da  ciberseguridad é crítica para reforzar as capacidades do seu hipersector TIC.

O centro de  ciberseguridade TEGRA Cybersecurity Center, nace coa vocación de situar a Galicia como un axente relevante no ámbito da  ciberseguridade e para crear emprego cualificado nun sector de gran demanda e potencial de crecemento. Este proxecto foi impulsado por Telefónica e Gradiant e conta co apoio da Xunta de Galicia.

O obxectivo de TEGRA Cybersecurity Center é desenvolver produtos e servizos para mellorar a seguridade da información das empresas mediante técnicas  criptográficas avanzadas, deseñar mecanismos de comprobación da identidade no acceso á información e ferramentas de análises de datos, ademais de sistemas de clasificación de documentación e de detección de accesos irregulares á información.

O investimento de partida para a súa constitución é de case 3 millóns de euros contando coas achegas de 1,2 millóns de euros por parte de Telefónica, 1,1 millóns por parte de Gradiant, e a Xunta de Galicia, a través da  Axencia  Galega de Innovación – GAIN– achega máis de 678.000 euros.

Dando continuidade a Tegra no desenvolvemento das actuacións de ciberseguridade en Galicia nace Information Rights Management Advanced Systems, IRMAS unha unidade mixta constituida por Gradiant, Telefónica e o Instituto Nacional de Ciberseguridade de España (Incibe) que conta co apoio da Xunta de Galicia a través de GAIN a Axencia Galega de Innovación. Cunha aportación de máis de 675.000 € que supón o 30% do orzamento total mediante o Programa Unidades Mixtas de Investigación 2017, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020.

IRMAS 2.0 ten como obxectivos xerais mellorar a competitividade da industria empregando a ciberseguridade como elemento habilitador da industria 4.0 e a modernización do sector turístico mediante o uso intensivo das TIC. Para acadar estes obxectivos, desenvolverá varias liñas de investigación: Análise de datos para a protección da información, Sistemas de control avanzado para o acceso á información e Protección e compartición segura de ficheiros.

ÉGIDA é a Rede Nacional de Excelencia en tecnoloxías de seguridade e privacidade que xurdiu no marco do Programa  Cervera para Centros Tecnolóxicos que impulsa o Ministerio de Ciencia e Innovación e o Centro de Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI) e que reúne a experiencia dos centros tecnolóxicos Gradiant,  Fidesol,  Ikerlan e  Vicomtech sendo Gradiant o líder desta rede.

Esta alianza nace co obxectivo de desenvolver a I+D+i e fomentar a captación e retención de talento altamente cualificado nacional e internacional.

Para logralo desenvolverá a investigación en tecnoloxías de seguridade e privacidade en 4 ámbitos centrados en tecnoloxías de criptografía aplicada, identidade dixital e privacidade, seguridade en sistemas distribuídos e desenvolvemento de sistemas de información seguros.

ÉGIDA conta co apoio dun Comité Científico-Consultivo do que forman parte entre outros o Instituto Nacional de  Ciberseguridade (INCIBE) e o Centro  Criptológico Nacional (CCN), ambas as entidades promotoras da iniciativa CIBER.gal.