Liñas de acción

O nodo galicIA integra en catro liñas de actuación accións que buscan o impulso das tecnoloxías intelixentes na administración pública, universidades e centros de coñecemento, o sector privado e a cidadanía.
Impulso da economía do dato
Promover o desenvolvemento de solucións tecnolóxicas basadas en intelixencia artificial por parte do Sector Público, que den solución aos retos da sociedade e que contribúen á creación dun ecosistema de empresas de base tecnolóxica no campo da intelixencia artificial.
Accións:
- Desenvolvemento de novas infraestruturas de datos interoperables.
Intelixencia artificial de vangarda, ética e segura
Impulsar e desenvolver unha intelixencia artificial de vargarda, ética e segura promovendo un enfoque centrado no ser humano.
Accións:
- Elaboración dun estudio do marco ético - normativo de intelixencia artificial.
Relacións e posicionamento de galicIA
Consolidar o nodo galicIA como un espacio de diálogo aberto e permanente sobre a intelixencia artificial no que participen diferentes axentes do ecosistema, expertos nacionais e internacionais.
Accións:
- Creación dun Comité de expertos asesores IA.
- Creación dunha rede de colaboradores estratéxicos.
- Participación en iniciativas e programas de referencia en IA.
Formación e capacitación en intelixencia artificial
Fomentar e mellorar o desenvolvemento de competencias e capacidades dixitais entorno á intelixencia artificial da cidadanía, sector público e empresas, que lles permita adoptar as posibles aplicacións así como coñecer os principais desafíos entorno a esta.
Accións:
- Desenvolvemento de cursos e xornadas formativas.
- Desenvolvemento de material divulgativo.