Acceso fixo radio 5G Banda Larga Residencial | Gaiástech

Acceso fixo radio 5G Banda Larga Residencial

Acceso fixo radio 5G

Operador

Logo Telefónica

Obxectivo

Ofrecer servizo de internet e TV sobre un acceso fixo radio 5G como solución alternativa á fibra, aplicable a contornas rurais e contornas urbanas de difícil despregamento (cascos históricos).

Desenvolvemento

Para proporcionar aos clientes un mellor servizo de telefonía, banda larga e televisión de forma integrada e converxente, telefónica realiza unha gran inversión en despregamentos de infraestrutura fixa. Porén, hai zonas que por diferentes motivos (xeográficos, demográficos ou contornas protexidas), é complicado ou inviable dotar de infraestrutura de fibra ás vivendas. A tecnoloxía 5G permite resolver esta necesidade, aportando un maior largo de banda para incluír tráfico de TV de alta definición sobre o enlace radio.

Neste piloto utilízanse as seguintes tecnoloxías:

  • Despregamento de cobertura 5G en zona urbana de Vigo (bandas 3,5 GHz e 26 GHz)
  • Edge Computing para adaptación e capilaridade na distribución de contidos de TV
  • Instalación de equipos de clientes
  • Gran largo de banda para distribución de contidos 4k.

Onde?

Vigo.

Cando?

Beta con clientes a partir de marzo de 2021.

Quen participa?

Movistar +

Huawei

Entidades colaboradoras

Telefónica

Movistar +

Huawei

Red.es