Saúde 5G | Gaiástech

Saúde 5G

Saúde rural

Operador

Logo Telefónica

Obxectivo

Mellorar a accesibilidade aos servizos sanitarios en áreas rurais a través das redes 5G.

Desenvolvemento

A tecnoloxía 5G permitirá a definición, a implementación e a proba de novos servizos de atención médica na contorna rural.

Despregarase un nodo 5G nunha área rural dando cobertura ao centro de saúde para dotar de conectividade de altas prestacións tanto ao centro de saúde como aos domicilios de doentes próximos.
 
Mellorarase a accesibilidade aos servizos sanitarios en áreas rurais a través das redes 5G. Habilitaranse comunicacións de gran largo de banda e baixa latencia para permitir novos servizos como o envío de imaxes de equipos de diagnóstico, acceso ultrarrápido ao historial clínico do doente, consultas remotas co hospital de referencia, monitorización remota de doentes en domicilio, etc.

Saúde

Onde?

Será executado no centro de saúde de Taboada en Lugo.

Cando?

A partir de febreiro de 2020.

Quen participa?

Sergas (Servicio Galego de Saúde).

Nokia

Entidades colaboradoras

Sergas

Xunta de Galicia