Obxectivos do Nodo Conectivi.gal
Actividades formativas e demostrativas
O desenvolvemento de actividades formativas e demostrativas orientadas a perfís tecnolóxicos no eido das telecomunicacións, coa intención de capacitar en habilidades e coñecementos fundamentais na implantación de proxectos de interconexión de dispositivos e sistemas (Internet das Cousas - IoT) empregando múltiples tecnoloxías.
Solucións para entidades privadas
A dinamización da implantación de solucións de conectividade para a transformación dixital de entidades privadas, ofrecendo servizos de apoio, de captación de financiamento, procura de provedores TIC e de promoción das capacidades do ecosistema galego.
Solucións para a administración pública
A promoción da dixitalización e innovación das administración públicas galegas a través da conectividade, das actividades demostrativas de solucións concretas e da activación de mecanismos que poidan permitir unha mellora económica ou dos servizos públicos que se prestan a cidadanía.