Política de privacidade e protección de datos persoais
En cumprimento da normativa vixente en materia de protección de datos persoais, o Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos (RXPD) así como a Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD), informámoslle a continuación dos seguintes aspectos:
Quen é o responsable do tratamento
O responsable do tratamento é a Axencia para a Modernización Tecnolóxica (en diante, a Amtega) con domicilio en Monte Gaiás, s/n, 15707, Santiago de Compostela (A Coruña), web: https://amtega.xunta.gal/es
Quen é o/a delegado/a de protección de datos
Pode contactar cos Delegados e Delegadas de protección de datos na seguinte ligazón: Delegados/as de protección de datos - Xunta de Galicia
Finalidades, bases de lexitimación e datos recompilados
Esta App recolle datos persoais facilitados pola persoa usuaria.
Os datos das persoas que se rexistren na aplicación serán utilizados coas seguintes finalidades:
Xestionar a súa solicitude de alta como persoa usuaria e proporcionarlle o acceso aos recursos.
Elaborar informes, memorias e estudos estadísticos sobre o uso do GaiásTech e os seus servizos.
Envío de comunicacións informativas, a través do correo electrónico, relativas a outras actividades organizadas por GaiásTech que poidan ser do seu interese.
Xestionar a súa solicitude de inscrición e participación nas actividades de difusión organizadas polo GaiásTech, así como, no seu caso, o control de acceso ou asistencia ás mesmas.
Xestionar a súa solicitude para a solicitude de espazos no GaiásTech.
Xestionar a súa solicitude para a realización de actividades no GaiásTech.
A Amtega levará a cabo o tratamento dos datos na súa condición de responsable para as finalidades e de acordo con as bases de lexitimación mostradas a continuación, que dependen dos datos persoais solicitados:
A base de lexitimación será o cumprimento dunha misión realizada en interese público fundamentada na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público de Galicia e no Decreto 252/2011, do 15 de decembro, polo que se crea a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e se aproban os seus estatutos, modificado polo Decreto 9/2021, do 21 de xaneiro, para as seguintes finalidades: xestionar a súa solicitude de alta como persoa usuaria e proporcionarlle o acceso aos recursos; elaborar informes, memorias e estudos estadísticos sobre o uso do GaiásTech e os seus servizos; xestionar a súa solicitude de inscrición e participación nas actividades de difusión organizadas polo GaiásTech, así como, no seu caso, o control de acceso ou asistencia ás mesmas; xestionar a súa solicitude para a solicitude de espazos no GaiásTech e xestionar a súa solicitude para a realización de actividades no GaiásTech.
Para o envío de comunicacións informativas relativas a outras actividades organizadas por GaiásTech a base de lexitimación será o consentimento da persoa interesada
Os datos persoais solicitados e tratados correspóndense coas categorías seguintes:
Datos identificativos e de contacto: nome e apelidos, correo electrónico, DNI, sexo da persoa usuaria, ocupación e teléfono.
Prazo de conservación dos datos
Os datos conservaranse ata que se cumpra cos finalidades obxecto do seu respectivo tratamento ou mentres non se exerciten os dereitos garantidos.
Cesión ou comunicacións dos datos
Os datos non serán obxecto de cesión ou comunicación a terceiros durante o seu tratamento ou unha vez cumpridos as súas finalidades, durante o seu prazo de conservación, salvo para o cumprimento de obrigacións legais específicas aplicables.
Dereitos garantidos en materia de protección de datos persoais
Se desexa consultar máis información sobre o exercicio de dereitos pode facelo en: Dereitos das persoas interesadas respecto dos seus datos persoais - Xunta de Galicia
Modificación da Política de privacidade
A Axencia resérvase o dereito de modificar en calquera momento a súa política de privacidade respectando a lexislación vixente en materia de protección de datos. Recomendámoslle que revise a política de privacidade con certa periodicidade.
Máis información
Pode ampliar esta información pulsando aquí