Ecosistema emprendedor - #MesD Formación en competencias para a transformación dixital
Centro GaiásTech
Imparte:
Programa Crear Futuro - Red.es
Para esta acción formativa definíronse os seguintes obxectivos específicos:
- Analizar os distintos conceptos do ecosistema emprendedor.
- Coñecer os diferentes axentes que operan no mercado e que poden axudar na creación e desenvolvemento dunha empresa.
- Traballar e practicar as diferentes técnicas de ideación e resolución de problemas que proporciona o Design Thinking.
- Identificar as diferentes fórmulas de financiamento de proxectos e ideas dispoñibles, tanto novas como xa coñecidas.
Programa:
- Módulo 1. Introdución
- Módulo 2. Terminoloxía do emprendemento: que é unha start up, coworking, etc.
- Módulo 3. Axentes: incubadoras, aceleradoras, etc.
- Módulo 4. De onde veñen as ideas (Design Thinking).
- Módulo 5. Fontes de financiamento nas distintas fases (idea, semente, crecemento, escalado e saída)
Imparte:
Programa Crear Futuro - Red.es
Crear Futuro forma parte da iniciativa Profesionais Dixitais de Red.es, enmarcada na área de Talento das liñas de actuación do Plan Estratéxico 2020-2022 de Red.es, cuxo fin é mellorar a empregabilidade, impulsando e favorecendo a adquisición de competencias para a transformación dixital grazas ao manexo das novas tecnoloxías dixitais.
Cando?
18 Xan 2022 - 18 Dec 202116:30 - 20:30
Onde?
Centro GaiásTech
Quen participa?
- Programa Crear Futuro - Red.es
Para quen?
- Profesionais que participen nos procesos de dixitalización e transformación dixital das súas empresas.
- Profesionais que requiran actualizar a súa formación e incorporar as competencias dixitais para mellorar o seu desenvolvemento profesional ou a súa situación laboral.
- Profesionais con inquietude emprendedora ou que aspiren a iniciar novos negocios dixitais (emprendedores que demandan formación).
