Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Prazas cubertas! Programa Tech Kids – Argallando entre xeracións | Gaiástech

Prazas cubertas! Programa Tech Kids – Argallando entre xeracións

Centro GaiásTech

Este programa formativo ten como obxecto poñer en práctica o  talento dixital dos máis novos e a súa capacidade de resolución de problemas ao tempo que desenvolven competencias persoais a través dunha contorna colaborativa.

 

Programa:

Durante a sesión formativa abordaranse as seguintes temáticas:

  • Deseño guiado de modelado en 3D orientado á fabricación FDM.
  • Práctica guiada de construción e programación dun robot simple que implemente unha placa controladora para xestionar os compoñentes e comunicarse con outros robots na aula.
  • Prácticas supervisadas de pilotaxe de drons en interior: modo xenérico e modo FPV.
  • Experiencias inmersivas en RV e Educa360.
  • Proposta de proxectos futuros e inspiración: a crear! Presentación do reto científico tecnolóxico
     

Colabora:

Imparte Pablo Novoa

Organiza:

Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG)

O CPEIG é o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia. É unha corporación de Dereito Público creada pola Lei 10/2006, de 1 de decembro e que se regula polos estatutos aprobados polo decreto 100/2016, do 7 de xullo. É unha entidade sen ánimo de lucro.

Tech Kids

Cando?

10 Set 2024
De 16:00 a 20:00

Onde?

Centro GaiásTech

Para quen?

Menores entre 12 e 18 anos