Realización de actividades de implementación da instrumentación científica de medida en ensaios experimentais de calquera ámbito da enxeñaría civil e a edificación, con integración das partes electrónica e informática para o rexistro automatizado dos datos medidos e o seu almacenamento en medios informáticos. Os investigadores que desexen desenvolver experimentos que involucren instrumentación electrónica-informática poden solicitar apoio loxístico, técnico e material deste servizo.