Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

A aventura que me espera: descubrindo a ciencia e a tecnoloxía | Gaiástech

A aventura que me espera: descubrindo a ciencia e a tecnoloxía

Centro GaiásTech

Esta xornada ten como obxectivo dar a coñecer diferentes roles laborais onde se combinan a ciencia e a tecnoloxía. Participarán dez mulleres que traballan en diversos campos, incluíndo o académico, administrativo e empresarial.

O propósito é mostrar as posibilidades que se presentan despois de obter unha titulación universitaria, destacando que a formación recibida prepara para desafíos que poden non estar directamente relacionados cos contidos estudados.

A actividade desenvólvese a través dun diálogo entre estas mulleres e a rapazada, pais e nais asistentes do evento, permitindo que se expoñan preguntas e se poida conectar cos temas discutidos.

Programa:

16:00 - Recepción

16:30 - Presentación da xornada e do programa de mentorización 

  • Presidenta de AMIT-Gal, representante de AMTEGA

17:00-17:40    

  • Ciencia e empresa - Sons submariños - Mediciña personalizada - Aprendizaxe e tecnoloxía - Láser na conservación do patrimonio

17:40-18:10

  • Saídas da enxeñeiría naval - Emprendemento con base científica - Antropoloxía e tecnoloxía - Vocacións STEM

19:30-20:00 - Peche da xornada

Relatoras

  • Laura Alonso García 
  • Andrea Fernández Sánchez 
  • Eva López Barrio
  • Ana Jesús  López Díaz                    
  • Teresa Rivas Brea
  • Sonia Martínez Arca
  • Rocío Mosquera Álvarez 
  • María J.Rodríguez Malmierca 
  • Cristina Sánchez Carretero 
  • Soledad Torres Guijarro 
     

Organiza:

amit Galicia

imagen

Cando?

07 Xuñ 2024 - 07 Xuñ 2023
De 16:00 a 20:00

Onde?

Centro GaiásTech