Ética, Emprego e Verdade ante Tecnoloxías disruptivas. As persoas no centro
A xornada "Ética, Emprego e Verdade ante Tecnoloxías Disruptivas. As persoas no centro" busca crear un espazo participativo e colaborativo onde abordar, desde unha óptica humanista e centrada nas persoas, os profundos cambios que as tecnoloxías disruptivas están a provocar na sociedade. Preténdese abrir un diálogo construtivo que conecte visións técnicas, sociais, éticas e institucionais, co fin de comprender mellor como estas tecnoloxías transforman ámbitos tan sensibles como o emprego, a formación, a información e os dereitos fundamentais. A xornada parte da necesidade de reflexionar con sentido crítico, pero tamén con vocación propositiva, sobre os retos e oportunidades que emerxen nun contexto de aceleración tecnolóxica sen precedentes, e de como queremos, como sociedade galega, afrontar esta transformación desde valores de equidade, responsabilidade e inclusión.
Programa:
09:00 Recepción de asistentes
09:30 Apertura institucional
09:45 Mesa debate: Tecnoloxía en Emprego e Formación: Transversalidade da capacitación e novos perfís profesionais
O obxectivo é Analizar como as tecnoloxías disruptivas están a transformar o mundo laboral e os sistemas de formación.
- Modera: Alicia Eizaguirre | Xefa do departemento de Formación, innovación e Internacionalización do CAFI
- María Dorrego | Responsable de recursos humanos de Kelea
- Fernando Suárez | Presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia
- Francisco Javier Bellas | profesor de Robótica Autónoma e Aprendizaxe Automática da Universidade da Coruña
11:00 Pausa café
11:30 Mesa debate: Retos éticos: ética e dereitos ante as tecnoloxías disruptivas
O obxectivo é debater sobre os dilemas éticos que xorden co uso crecente de tecnoloxías disruptivas, especialmente en contextos sensibles como a saúde, os datos persoais, a xustiza ou a contratación pública.
- Modera: Diego Estévez | Avogado, Socio-Director en Addenda LegalTech. Dereito Administrativo e TIC
- Enrique Latorre | Profesor de Lóxica e Filosofía da Ciencia da Universidade de Santiago de Compostela (USC)
- Marcos Almeida | Profesor de Dereito Administrativo da USC e membro da Comisión de Expertos para o Desenvolvemento da Intelixencia Artificial en Galicia
- Javier Alberto Rojas Martínez | Especialista en hematoloxía e membro do Grupo de Investigación en Hematoloxía Computacional e Xenómica (Grheco Xen) do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela
- María José Malmierca | Coordinadora da área de E-learning e Colaboración do Centro de Supercomputación de Galicia
12:45 Mesa debate: A tecnoloxía ao servizo da verdade
O obxectivo é abordar o debate sobre a verdade e a veracidade das informacións que recibimos as persoas, unha preocupación histórica das sociedades que cobra nova dimensión no contexto tecnolóxico actual.
- Modera: Alberto Dafonte | Doutor en Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Emma Torres | Decana da Facultade de Comunicación da Universidade de Vigo e presidenta da Asociación de Universidades con Estudos de Comunicación
- Pablo Gamallo | Catedrático da USC e investigador do CITIUS
- Manuel Rey | Vogal do Colexio de Xornalistas de Galicia; e Jorge Vázquez Herrero, profesor de Xornalismo na USC
14:00 Peche xornada
Cando?
02 Out 2025Onde?
Para quen?
Cidadanía