Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Programa de capacitación. Mellora o posicionamento de marca nas PEMES | Gaiástech

Programa de capacitación. Mellora o posicionamento de marca nas PEMES

Streaming

PRAZAS LIMITADAS, CONFIRMARASE INSCRICIÓNS OS DÍAS PREVIOS

O obxectivo do programa formativo é axudar ás PEMES a fortalecer o seu posicionamento de marca a través dunha comunicación auténtica, coherente e estratéxica. Ao longo de 5 sesións prácticas, trabállanse aspectos esenciais como definir o carácter e a personalidade da marca, deseñar mensaxes que conecten e fidelicen clientes, incorporar rutinas e ferramentas que faciliten a comunicación sostida no tempo, aproveitar o potencial do email marketing como canle relacional e aprender a colaborar eficazmente con profesionais externos sen perder o control da identidade corporativa.

 

Programa:

1.    Sesión 1: Marca desexada: Como deixar de ser unha máis.
Obxectivo: Aterrar o carácter da marca e sentar as bases dunha comunicación auténtica, coherente e estratéxica.
Contidos clave:

  • Que fai única á túa empresa (máis aló do “trato próximo”).
  • O carácter de marca: ton, valores, narrativa.
  • Posicionamento vs percepción: como te ven hoxe os teus clientes?
  • Que queres provocar (e en quen).
  • Exercicio práctico: “Se a miña marca fose unha persoa, sería…”

2.    Sesión 2: Comunicar para conectar e converter.
Obxectivo: Deseñar unha comunicación que non só sirva para "estar", senón para conectar, vender e fidelizar.
Contidos clave:

  • Que tipo de contido xera conexión (vs o que só xera likes).
  • Como falarlle a quen xa che coñece (non só ao novo).
  • Rutinas mínimas para comunicar sen saturarche.
  • Exercicio práctico: "Crea o teu primeiro contido relacional" (email, post ou reel que fideliza).

3.    Sesión 3. Ferramentas e hábitos para manter a comunicación sen morrer no intento
Obxectivo: Axudarlles a soster o traballo no tempo, aínda que teñan pouco equipo.
Contidos:

  • Ferramentas simples para crear e organizar o seu contido e mellorar a produtividade (podemos ver diferentes ferramentas como Canva).
  • Automatizar sen deshumanizar: email márketing, persoais, respostas tipo…
  • Rutinas mínimas para manter viva a súa presenza sen afogarse.
  • Como medir se o que fan funciona.
  • Exercicio práctico: “O meu calendario de editorial” ou "Crear un publicación con Canva ".

4.    Sesión 4. Email márketing: a ferramenta máis infravalorada para vender con confianza
Obxectivo: Ensinarlles a usar o email para cultivar relacións, non só enviar promocións.
Contidos clave:

  • Por que o email segue sendo clave para as Pemes.
  • Tipos de emails que fortalecen a relación (benvida, valor, venda sen presión…).
  • Por que unha lista faiche máis independente das redes sociais.
  • Exercicio práctico: "A túa primeira secuencia de emails para conectar e converter".

5.    Sesión 5. Como traballar con terceiros e non perder o control da túa comunicación.
Obxectivo: Ensinarlles a elixir, facer briefing e supervisar a axencias, deseñadores, community managers, etc.
Contidos clave:

  • Que pedir a cada profesional (e que non).
  • Como facer un briefing eficaz sen ser técnico.
  • Como avaliar resultados sen volverse tolo nin ceder o temón.
  • Casos reais de erros comúns ao traballar con externos.
     

Impartido por

Mariam Veiga
Mariam Veiga

Mentora de negocio para emprendedores e empresas que venden servizos e produtos dixitais. Máis de 20 anos no mundo da mercadotecnia. Ex directora de marketing dixital en distintas empresas e axencias de mercadotecnia. Analista Dixital e profesora en escolas de negocios. Experta en marca persoal e social selling. 

posicionamento marca

Cando?

06 Nov 2025 - 04 Dec 2025
De 16:30 a 18:00

Onde?

Streaming

Quen participa?

  • Mariam Veiga

Para quen?

Pemes e autónomos que teñen presenza dixital e queren sacarlle partido a esta