#MesD RRSS. Instagram: onde case todo é posible | Gaiástech

#MesD RRSS. Instagram: onde case todo é posible

Só por streaming

ACCESO AO STREAMING

O obxectivo da sesión é saber se precisamos integrar Instagram na estratexia de comunicación da nosa marca ou empresa e, de ser así, ter claro como facelo. Descubriremos novos usos e ferramentas desta rede social e tamén aplicacións complementarias que  axudarán a sacármoslle máis partido.

Programa:

  • Instagram: principios básicos
  • Instagram en cifras: perfil de usuario e estatísticas de uso
  • Instagram como pulo para o teu negocios
  • Por que crear un perfil de empresa?
  • Formatos de contidos que ofrece Instagram
    • Feed ou muro
    • Stories
    • Destacadas
    • Reels
    • IGTV
    • Guías
    • Directos
  • Como definir unha estratexia para Instagram?
  • Obxectivos >> Marcar os KPIs
  • Público e o seu ámbito xeográfico >> Contidos e expresión visual e escrita
  • Exemplo práctico
  • Instagram Ads: 
  • Opcións de publicacións de pago en Instagram
  • Segmentación e creación de audiencias
  • Revisando resultados
  • Monitorización: uso de Instagram Insights
  • Revisión de obxectivos e KPIs
  • APPs Complementarias
  • Programar publicacións, acadar un muro máis visual con aspecto profesional, seleccionar as etiquetas máis axeitadas... Repaso de diversas aplicacións que completan o uso de Instagram

Interveñen

Impartido por

Arancha Vilas
Arancha Vilas

Licenciada en Publicidade e RR.PP. pola Universidade de Vigo.

Xestora da primeira incursión en redes sociais da IXP Tenreira Galega no ano 2010 e colaboradora no equipo da de Pizza Móvil no mesmo momento.

Creadora e xestora da estratexia de comunicación social da Deputación de Pontevedra e Turismo Rías Baixas de 2013 a 2016, momento en que viviron o seu máximo pulo.

Ademais de ter xestionado a entrada en España da tecnolóxica chinesa Elephone e ter batido todos os récords en ronda de "equity crowdfunding" a través dunha plataforma española para a cervexa artesana Dougall's.

Actualmente xestiona a comunicación social dalgúns festivais, da programación de Vigocultura, as redes de Presume de Galicia e algúns contidos das redes sociais da Amtega.Tamén vén de colaborar activamente na creación da estratexia de comunicación social para GaiásTech.

Instagram

Cando?

08 de Xullo de 2021
De 10:00h a 12:00h

Onde?

Só por streaming

Quen participa?

Arancha Vilas