#MesDDeseño | Deseña a túa páxina web dende cero con Wordpress.com
Streaming
NECESARIA INSCRICIÓN. A ligazón para seguir o evento envíase por correo electrónico
O obxectivo da sesión é coñecer a ferramenta de Wordpress gratuíta de creación de páxinas web
Programa:
- Atopar inspiración para crear a nosa web
- Eleccións de modelos
- Como engadir contido
- Como publicar a nosa web
- Breve explicación de dominios e hostings
Interveñen
Impartido por

Alberto Mandado Graña
Consultor especializado en deseño e comunicación, formado como deseñador gráfico na escola Aula D de Vigo. Desde 2019 forma parte do equipo creativo de EOSA, onde traballa en proxectos para todo tipo de clientes e soportes, tanto dixitais como tradicionais. Conta con máis de 10 anos de experiencia no ámbito do deseño explorando novas técnicas e tecnoloxías innovadoras para aplicar aos seus proxectos.
Máis Información

Cando?
22 de Febreiro de 2023
De 17:00 a 19:00 H
Onde?
Streaming
Quen participa?
Alberto Mandado GrañaPara quen?
Emprendedores e creadores de contidos