#MesDDeseño | Presentacións e infografías en liña con Genial.ly
NECESARIA INSCRICIÓN. A ligazón para seguir o evento envíase por correo electrónico
O obxectivo da sesión é facer presentacións animadas en liña sen necesidade de instalar software
Programa:
- Tipos de infografías
- Elección de modelos
- Elección de cores
- Elección de tipografías
- Como compartir e transmitir as nosas presentacións
Impartido por

Alberto Mandado Graña
Consultor especializado en deseño e comunicación, formado como deseñador gráfico na escola Aula D de Vigo. Desde 2019 forma parte do equipo creativo de EOSA, onde traballa en proxectos para todo tipo de clientes e soportes, tanto dixitais como tradicionais. Conta con máis de 10 anos de experiencia no ámbito do deseño explorando novas técnicas e tecnoloxías innovadoras para aplicar aos seus proxectos.
Máis Información

Cando?
15 Feb 2023Onde?
Quen participa?
- Alberto Mandado Graña
Para quen?
Emprendedores e creadores de contidos