Neurotecnoloxía: conectando a mente a un ordenador. Introdución e práctica
Nesta xornada falaremos sobre o estado da neurotecnoloxía, cunha introdución aos asistentes nesta nova e prometedora área da ciencia, non só con motivo de coñecer senón tamén no uso de ferramentas dixitais para a iniciación e experimentación.
Programa:
- 18:00-18:45 Charla: Introdución á neurotecnoloxía
- Conexión cerebro-computador, usos, beneficios e riscos.
- Descobre o funcionamento das interfaces Cerebro Computador, resolve dúbidas e comparte intereres cos asistentes.
Inscrición únicamente á charla
Todas as persoas asistentes teñen a posibilidade de asistir aos talleres que se desenvolven na segunda parte do evento, ou ben realizar un pequeno encontro con aqueles interesados e interesadas e profundizar na temática da charla.
- 18:45-20:00 Talleres prácticos: experimentos de neurotecnoloxía (plazas limitadas):*
- 18:45 a 19:15 Taller impresión 3d:
- Tipos de impresoras
- Tipos de materiais
- Consideracións para a correcta impresión dunha peza 3D
- Aplicación da fabricación adivita na neurotecnoloxía
- 19:15 a 20:00 Taller electrónica e programación:
- Elementos do kit
- Programación e electrónica dun proxecto de neurotecnoloxía
- Prácticas
- 18:45 a 19:15 Taller impresión 3d:
Inscricións á charla e talleres
*Os asistentes aos talleres contarán cun diploma de participación.
Interveñen
Impartido por

NeuroTechGAL
NeuroTechGAL é un chapter da organización internacional NeuroTechX en Galicia. Pretendemos consolidar unha comunidade na cal o nexo de unión sexa a Neurotecnología, é dicir, o campo de estudo que aúna Medicina, Psicoloxía e Tecnoloxía. Este grupo está orientado a calquera persoa entusiasta ou que senta curiosidade sobre esta temática particular, así como para profesionais do sector da saúde (psicólogos, neurólogos, psiquiatras, ...), persoas do sector tecnolóxico (programadores, makers, startups, …) e/o estudantes.
Recuncho Maker
Somos unha comunidade de coñecemento aberto formada por persoas de todas as idades interesadas en aprender, compartir e ensinar coa fin de deseñar, construir, investigar e difundir sobre os eidos da tecnoloxía e da arte.

Cando?
Onde?
Quen participa?
NeuroTechGAL Recuncho MakerPara quen?
- Profesionais da saúde (psiquiatras, psicólogos… etc.)
- Perfil técnico-tecnolóxico (Makers, programadores, estudantes, docentes STEAM)
- Entusiastas da ciencia