O que a túa empresa pode (e non pode) controlar da actividade dixital do seu equipo
Streaming
O traballo en remoto xa non é unha novidade, pero a maioría das pemes segue xestionándoo a cegas: non ve que ocorre nos postos de traballo cando o equipo non está na oficina. Ese mesmo punto cego explica tres problemas que case sempre se tratan por separado.
- Xornada. Horas declaradas que non coinciden coas horas traballadas, e un rexistro que non aguantaría unha inspección.
- Produtividade. Tempo e aplicacións que ninguén mide, con decisións de xestión tomadas por intuición.
- Información. Documentos, correo e soportes externos polos que salgue información da empresa sen que ninguén se decate.
Programa:
- Xornada e horas reais: Horas declaradas fronte a horas traballadas, puntualidade e que fai falta para que o rexistro aguante unha inspección
- Produtividade e recursos: Uso de aplicacións e de tempo, lido como patrón de equipo e non como vixilancia individual
- Risco interno: Por onde sae a información dunha empresa (documentos, correo, soportes externos, navegación), cun caso real anonimizado
- Límpite legal e implantación: Que pódese controlar, que hai que informar ao persoal antes de facelo e como se implanta sen romper a confianza
- Casos concretos expostos en directo polas empresas assistentes
Impartido por
Alberto Garabato Sixto
director de proxectos IT de Cloud.gal. Con máis de 25 anos no sector, dirixe proxectos de cloud e infraestrutura para empresas e organismos públicos, é relator habitual en eventos de ciberseguridade e cloud.
Cando?
10 Nov 2026De 10:00 a 11:00
Onde?
Streaming
Quen participa?
- Alberto Garabato Sixto
Para quen?
- Xerencia e responsables de RRHH de pemes con equipos en remoto
- Dirección TI e sistemas, compliance e asesoría xurídica