Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

A revolución dos pequenos satélites: Coñece o estándar CubeSat | Gaiástech

A revolución dos pequenos satélites: Coñece o estándar CubeSat

Centro GaiásTech e Streaming
Imparte: UVigo SpaceLab

O sector aeroespacial atópase en cambio constante, onde o abaratamento dos custos está a facer posible un espazo cada vez máis accesible. Ao longo desta xornada, coñecerás unha das razóns principais de que cada vez máis misións vexan a luz: o estándar CubeSat. Aprenderás sobre teoría orbital básica, terminoloxía e os diferentes subsistemas dun satélite, xunto cos retos e beneficios de levalo a órbita e operalo desde terra.

Programa:

  • Sistemas espaciais (motivación, vantaxes e desvantaxes, ...)
  • Retos dun sistema espacial (condicións, materiais, órbitas, ...)
  • Estándar Cubesat (orixe, formato, requisitos, ...)
  • Subsistemas dun Cubesat (EPS, TTC, OBDH, ADCS, ...)
     
 

Interveñen

Imparte:

UVigo SpaceLab

A asociación UVigo SpaceLab, un equipo de estudantes da Universidade de Vigo que se dedica ao deseño, fabricación e operación de pequenos satélites. Buscan poñer en práctica os coñecementos teóricos adquiridos durante a carreira a través do desenvolvemento de proxectos e misións espaciais a nivel nacional e internacional. Na actualidade, traballan na súa misión BIXO, un CubeSat 2 U que estudará como lle afecta a unha poboación bacteriana a exposición prolongada ao ambiente espacial.
 

Colabora:

aetg

Organiza:

NODO 5G - É UNHA INICIATIVA PARA PROMOVER E DINAMIZAR O SECTOR TIC GALEGO, MEDIANTE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN E NETWORKING PARA AGRUPAR AOS DIFERENTES AXENTES QUE POIDAN REQUERIR OU EXECUTAR PROXECTOS RELACIONADOS CO 5G.

antena

Cando?

05 Out 2023
De 17:00 a 18:00

Onde?

Centro GaiásTech e Streaming

Quen participa?

  • UVigo SpaceLab

Para quen?

Profesionais do ámbito aeroespacial, emprendores/as, estudantes