Agasol organiza no Centro GaiásTech unha serie de xornadas tecnolóxicas sobre software libre | Gaiástech

Agasol organiza no Centro GaiásTech unha serie de xornadas tecnolóxicas sobre software libre

swl

A Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (Agasol) organiza, en colaboración co Centro GaiásTech da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), unha serie de xornadas tecnolóxicas sobre software libre, impartidas por empresas asociadas e que son referentes nos seus respectivos eidos de actividade.

Estas sesións, que se desenvolverán nos meses de xullo e outubro, teñen diversos obxectivos, entre eles coñecer aplicacións de software libre para unha xestión empresarial máis eficaz e eficiente ou que pasos e ferramentas se deben utilizar para afrontar a transformación dixital das pequenas e medianas empresas, que son as que conforman a maior parte do tecido produtivo galego.

A continuación, sinalamos as xornadas que se desenvolverán no marco deste programa:

Para máis información sobre a inscrición e programa de cada xornada, podes consultar na sección de “Actividades” da web do Centro GaiásTech.