A Amtega, presenta a quinta edición do Programa de Inmersión Tecnolóxica para Pemes AceleraTech | Gaiástech

A Amtega, presenta a quinta edición do Programa de Inmersión Tecnolóxica para Pemes AceleraTech

aceleratech
  • É unha iniciativa de difusión, sensibilización e formación impartido pola escola de negocios da Fundacion Abanca IESIDE para que as pemes galegas e o seu persoal directivo coñezan as tecnoloxías disruptivas que marcarán a vindeira década
  • Comezará en outubro e o prazo de inscrición estará aberto do 1 de agosto ao 30 de setembro

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) presenta a quinta edición do programa formativo “AceleraTech, impulsando a transición dixital”.

Programa específico para persoal directivo
 
A iniciativa está dirixida principalmente a persoal directivo, xerentes e propietarias/os de empresas, xa que estas son as persoas con capacidade de decisión e as que poden impulsar e liderar unha transformación tecnolóxica real destas.
 
O programa desenvolverase a partir de outubro e estará estruturado en 10 sesións formativas, de 4 horas de duración cada unha, e un taller práctico final de 8 horas de duración con temáticas coma "Contorna, estratexia e negocios dixitais", "Big Data, Data Science e Data Minning", "IA e Machine Learning", "IoT e 5G", "Blockchain", "Ciberseguridade", "Ética e Privacidade dos datos" e  finalizará co obradoiro "Construíndo a transformación dixital da peme: Taller LEGO Serious Play".
 
As prazas para participar neste programa formativo son limitadas e o prazo de preinscrición estará aberto desde o 1 de agosto ata as 18:00h do 30 de setembro.

Pódese atopar toda a información na páxina do Centro GaiásTech: https://gaiastech.xunta.gal/gl/actividades/aceleratech-2021