Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

A aplicación da robotización á xestión de pagos en procesos xudiciais facilitará a axilización da tramitación | Gaiástech

A aplicación da robotización á xestión de pagos en procesos xudiciais facilitará a axilización da tramitación

GENERICA
  • Evitará aos empregados públicos a comprobación de ingresos e transferencias vinculados a un mínimo de 165.00 casos cada ano, reducindo os prazos de tramitación
  • A Xunta está a pilotar a automatización robótica de procesos nunha vintena de procedementos, tanto da administración xeral como do eido xudicial
  • O emprego destas tecnoloxías libera aos empregados públicos de tarefas repetitivas, incrementa a capacidade de tramitación das unidades administrativas e reduce os tempos de resposta

A Xunta está a pilotar a aplicación de tecnoloxías de automatización robótica de procesos (RPA) xestión de contas de consignación e depósitos xudiciais. O emprego desta tecnoloxía evitará aos empregados públicos a revisión de ingresos e transferencias vinculados a un mínimo de 165.000 casos anuais, que poderán dedicarse a tarefas de maior valor, reducindo os tempos de tramitación.

As contas de consignación e depósitos xudiciais permiten aos cidadáns realizar ingresos vinculados a un proceso xudicial concreto, así como recibir os importes que determine  o órgano xudicial. A aplicación da robótica permitirá obter o detalle dos movementos de ingresos e transferencias recibidas para cada xulgado, cruzar os datos entre o número de conta e expediente xudicial correspondente no sistema de información Minerva e cargar o pdf desde movemento no expediente xudicial correspondente.  Este é un dos preto de 20 procedementos nos que se está a pilotar a aplicación da automatización, tanto na administración xeral autonómica como no eido xudicial.

Plataforma de automatización intelixente

A Xunta de Galicia busca estender o uso das tecnoloxías de intelixencia artificial e robótica aos procedementos administrativos de xeito progresivo grazas á plataforma de automatización intelixente que comezou a desenvolver en 2022.

Esta plataforma permite dar resposta áxil ás necesidades de tramitación de grandes volumes de expedientes que inclúen procesos repetitivos; reducir os tempos de tramitación e dar un mellor servizo á cidadanía e incrementar a capacidade de tramitación das unidades administrativas, evitando que as persoas realicen tarefas que poden ser automatizadas.

A principais vantaxes da aplicación destas tecnoloxías é que facilitan a revisión de grandes volumes de datos de maneira automática de xeito que liberan aos empregados públicos de tarefas repetitivas e automáticas, poden dedicarse a tarefas de maior valor.

A Xunta de Galicia foi pioneira no sector público galego na posta en marcha de tecnoloxías de automatización robótica de procesos (RPA) e técnicas de recoñecemento óptico de caracteres (OCR), que se comezaron a aplicar nalgúns procedementos do eido tributario ou na xestión de axudas do II Plan de Rescate a sectores afectados pola covid-19. 

Fuente: Amtega