O vindeiro 13 de febreiro comeza o plazo de presentación de solicitudes do "Programa UNICO SECTORIAL 5G 2023" | Gaiástech

O vindeiro 13 de febreiro comeza o plazo de presentación de solicitudes do "Programa UNICO SECTORIAL 5G 2023"

red
  • O obxectivo deste programa é promover un ecosistema 5G mediante o deseño e desenvolvemento de aplicacións en proxectos tractores para mostrar o seu uso nos diferentes sectores do país.
  • As axudas serán concedidas baixo a modalidade de subvención que serán concibidas en réxime de concorrencia competitiva. 

Beneficiarios 

  • Organismos de investigación e difusión de coñecementos e de infraestruturas de investigación públicos ou privados 
  • Empresas 

En ambos os casos constituídos xuridicamente con anterioridade ao 31 de decembro de 2019 

Tipo de proxectos 

Poderán recibir axudas os proxectos de desenvolvemento experimental con TRLs 5-6 no marco da tecnoloxía 5G (consultar os sectores económicos posibles). Os proxectos deberán contar cun orzamento mínimo de 1 millón de euros, sendo desenvoltos entre 1 a 3 entidades. 

Prazo de execución 

Data límite 31 de decembro de 2025 

Financiamento 

  • Empresas non Pemes : Ata un 40% do custo subvencionable do proxecto 
  • Empresas medianas: Ata un 50% do custo subvencionable do proxecto 
  • Pequenas empresas: Ata un 60% do custo subvencionable do proxecto 

No eixo destas tecnoloxías o Nodo 5G (en colaboración co Laboratorio 5G da Universidade de Vigo, Retegal e Amtega) organiza a xornada "As tecnoloxías claves do 5G: Network Slicing e Edge Computing", na que se presentarán os principais paradigmas das redes móbiles de última xeración que permiten ás redes 5G brindar soporte a novos casos de uso con requisitos de taxa de latencia e confidencialidade moi estrictos.

Inscircións abertas na seguinte ligazón.