Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Formación en ciberseguridade | Gaiástech

Formación en ciberseguridade

formacion
O sistema educativo galego oferta unha ampla variedade de formación reglada no ámbito da ciberseguridade. A aposta por esta formación ten como obxectivo resolver o desaxuste existente entre a oferta e a demanda deste mercado laboral.

O desequilibrio existente entre a oferta e a demanda laboral no eido da ciberseguridade está patente a nivel internacional. 

Os datos mais recentes da Comisión Europea indican que en 2020 houbo 341.000 postos de traballo vacantes para profesionais TIC en Europa, máis de 168.000 na rama da ciberseguridade. Unha de cada catro empresas españolas e case a metade das europeas que tentaron contratar profesionais especializados nas ramas TIC, poñen de manifesto que un dos principais obstáculos para cubrir os postos ofertados é a falta de persoal cualificado que conte con formación especializada nos últimos avances tecnolóxicos. 

Co fin de resolver este desequilibrio laboral, a Comisión Europea estableceu como obxectivo que o colectivo de especialistas TIC aumente dos 8,4 millóns no 2020 ata os 20 millóns en 2030, o que suporá o 10% do total de emprego esperado en Europa no ano 2030. O Goberno de España, no marco da Axenda España 2025, fixou como meta que se incremente o número de especialistas en ciberseguridade, intelixencia artificial e datos en 20.000 no período 2020-2025. 

Seguindo a folla de ruta internacional para solventar este desaxuste existente, en Galicia tamén se está levando a cabo un esforzo en mellorar a formación no ámbito da seguridade fomentando a creación de talento especializado. Neste sentido, incrementouse nos últimos anos a oferta de formación reglada en ciberseguridade a diferentes niveis, dende cursos de especialización, ata mestrados e posgrados que forman profesionais para incorporalos a un ámbito laboral cun forte crecemento e presenza en Galicia. 

Comparte obxectivo o nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal, que apoia a potenciación de talento a través de iniciativas e programas de participación cos axentes do sector.

 

Curso de especialización en ciberseguridade en contornas das tecnoloxías de operación

Os cursos de especialización, coñecidos como mestrados da FP, nacen co obxectivo de acreditar coñecementos e competencias en especialidades concretas dun área formativa da FP. O obxectivo deste curso de especialización é definir e pór en práctica estratexias de seguridade nas organizacións e nas infraestruturas industriais, mediante a realización de diagnósticos de ciberseguridade e a identificación de vulnerabilidades, así como a execución das medidas necesarias para arranxalas, aplicando a normativa e os estándares do sector, consonte protocolos de calidade, de prevención de riscos laborais e de respecto ambiental.
  • Saídas laborais:
    • Experto/a en ciberseguridade
    • Auditor/a de ciberseguridade
    • Consultor/a de ciberseguridade
    • Analista de ciberseguridade
    • (Todas elas en contornas da operación)

 

  • Duración: 720h

 

 

Curso de especialización en ciberseguridade en contornas das tecnoloxías da información

Os cursos de especialización, coñecidos como mestrados da FP, nacen co obxectivo de acreditar coñecementos e competencias en especialidades concretas dun área formativa da FP. Este “mestrado da FP” , define e pon en práctica estratexias de seguridade nos sistemas de información, mediante a realización de diagnósticos de ciberseguridade e a identificación de vulnerabilidades, así como a execución de medidas necesarias para arranxalas, aplicando a normativa e os estándares do sector, consonte protocolos de calidade, de prevención de riscos laborais e de respecto ambiental
  • Saídas laborais:
    • Hacker ético/a
    • Experto/a en ciberseguridade
    • Auditor/a de ciberseguridade
    • Consultor/a de ciberseguridade

 

  • Duración: 720h

 

 

Mestrado Inter-Universitario en Ciberseguridade (MUNICS)

Este mestrado forma especialistas na análise de riscos de seguridade en sistemas e instalacións, na identificación de informacións de alto valor e a súa protección, na definición de plans para reducir o risco de ciberataques e para asegurar a ciberdefensa na información e nos procesos de empresas e institucións.
  • Saídas laborais:
    • Administrador de seguridade de sistemas e redes
    • Consultor de seguridade e hacking ético
    • Arquitecto de sistemas de seguridade
    • Director de proxectos de ciberseguridade
    • Analista de informática forense
    • Xestor de protección de datos
    • Enxeñeiro de control de ciberseguridade
    • Arquitecto de análise de riscos

 

  • Duración: 1,5 Cursos académicos (4 cuatrimestres)

 

 

Mestrado universitario en Ciberseguridade e Ciberdefensa

Este mestrado propio da USC busca que o alumnado coñeza os aspectos nucleares que vertebran as estratexias de Ciberseguridade e Ciberdefensa, así como os aspectos éticos e legais necesarios. Ensina tamén os sistemas de xestión de seguridade da información, cómo establecer estratexias de seguridade ante ameazas, os mecanismos de ciberataque identificando as vulnerabilidades propias fronte a eles, entre outros. Tamén inicia ao alumnado no ámbito da Ciberintelixencia, a criptografía e a seguridade no ciberespazo.
  • Saídas laborais:
    • Hacker éticos
    • Asesor de Seguridade
    • Consultor de Seguridade Informática.
    • Administrador de Seguridade de Rede
    • Experto en xestión e resposta a Incidentes de Ciberseguridade

 

  • Duración: 1 Curso académico

 

 

Mestrado universitario en tratamento e protección de datos

A Universidade de Santiago de Compostela, a través do CESEG, analiza a seguridade nun sentido multiforme e multidisciplinar. Neste sentido, un dos temas mais relevantes dos últimos anos é o de protección dos datos, polo que ofertan este mestrado para mellorar a formación dos titulados superiores e os especialistas en seguridade e xestión/tratamento de datos, tanto en organizacións/institucións públicas, como privadas. A formación permite asimilar conceptos básicos sobre protección de datos, comprender as súas normas, regulamentos e usos no noso tempo e nesta sociedade dixital. Coñecer o papel dos principais actores e responsables neste eido, e adquirir unha visión global sobre as novas formas de tratar os datos identificando tanto actividades como riscos tamén se atopa entre os obxectivos desta formación. Dota ao alumno das capacidades precisas para exercer as competencias da nova figura de delegado de protección de datos.
  • Saídas laborais:
    • Experto en tratamento e lexislación sobre protección de datos
    • Delegado de Protección de datos

 

  • Duración: 1 Curso académico

 

 

Título propio Especialista en ciberseguridade industrial

Dotar ao alumnado dunha ampla introdución sobre o estado actual das técnicas de ciberseguridade aplicadas nas plantas industriais (OT). Levar á práctica os coñecementos teóricos impartidos neste curso utilizando ferramentas e tecnoloxías de diversos fabricantes (FORTINET, MICROSOFT, NOZOMI NETWORKS e SIEMENS entre as máis destacadas). Proporcionar coñecementos prácticos, actualizados e eficaces sobre algunhas das solucións actuais do comprado da ciberseguridade industrial no campo do control, operación e comunicación de procesos industriais.
  • Saídas laborais:
    • Experto en ciberseguridade industrial

 

  • Duración: 300h