Nodo Conectivi.Gal
O nodo Conectivi.gal nace como unha estrutura público-privada co fin de promover e dinamizar un ecosistema con entidades especializadas no ámbito da conectividade. Tal e como se define na Estratexia Galicia Dixital 2030, o Nodo de Cooperación 5G debe fomentar o investimento empresarial en innovación dixital favorecendo o proceso de transformación dixital, afianzando vínculos e sinerxías entre axentes do ecosistema dixital, no ámbito da conectividade.
Obxectivos do Nodo Conectivi.gal
O desenvolvemento tecnolóxico é un elemento fundamental do progreso económico que se potencia e promove por parte das Administracións Públicas seguindo unha perspectiva de equidade social. Os beneficios que trae consigo permítennos avanzar en todos e cada un dos campos, desde o sanitario ata o industrial pasando polo campo, a educación ou a mobilidade.
Academia
Recursos en aberto para os perfís profesionais que pretendan desenvolver un proxecto de transformación da súa organización. Percorre os contidos e da os teus primeiros pasos no eido das tecnoloxías de comunicación, IoT, etc.
- Actualidade
- Actividades, xornadas e eventos
- Hemeroteca
- Eira (Mancomún) - repositorio software libre
- Axenda