Consiste na implementación de sistemas automatizados de monitorización, control, xestión e avaliación de actuacións da enxeñaría que forman parte do concepto de infraestrutura verde, aplicando solucións baseadas na natureza. As infraestruturas verdes serven como ferramenta que pode mellorar a resiliencia territorial e contribuír a mitigar o cambio climático, aparte de solucionar outros problemas medioambientais como a fragmentación ou a coherencia ecolóxica, mellorando incluso a saúde pública.